sábado, 28 de julio de 2007

NOVO EQUIPO PARA A LIGA LOCAL DE FÚTBOL-SALA

Inicia os seus entrenamentos outro equipo para a liga local de fútbol-sala. Sin nome definido os seus patrocinadores serán Maderas Masma e Aluminios Lindín.
Esperamos que pronto se enfrenten a algún dos equipos que xa están xogando amigables preparatorios desta segunda edicción.

lunes, 16 de julio de 2007

PARTIDO AMIGABLE ENTRE OS REMEDIOS E ABADÍN



Esta semana a Delegación Deportes organizaron outro partido amigable entre Abadín e Os Remedios, sendo estes partidos preparatorios da próxima edición da Liga Local de Fútbol-sala de Mondoñedo.

O partido disputouse ás 20:45 no Polideportivo Municipal de Mondoñedo.

Foi un partido moi disputado no que o resultado final foi de 5 a 4 a favor de Os Remedios.

Proximamente poremos os partidos desta semana.

miércoles, 11 de julio de 2007

NOVO PARTIDO AMISTOSO PARA ESTE FIN DE SEMANA

Xogarán o Abadín e Os Remedios este venres ás 20:45 no Polideportivo Muncipal de Mondoñedo. Estos partidos son preparatorios da segunda edicción da liga local de fútbol-sala da nosa localidade e entran dentro da filosofía de organizar máis actividades a aqueles equipos que participen na nosa liga ou que estén interesados en participar.

lunes, 9 de julio de 2007

RESULTADOS DOS PARTIDOS AMIGABLES DA SEMANA PASADA

Clara vitoria do equipo do Padornelo sobre o equipo de Panadaría Bouso (10-4) no segundo partido preparatorio para a liga de fútbol-sala que está a organizar a Delegación de Deportes.

O Padornelo dominou no marcador e en xogo notándose claramente unha melloría no xogo estando en pista Bouso e Carlos. Cabe tamén destacar o traballo feito por Adrián Alfonso na portería.


Por outro lado o equipo de Foz venceu o equipo de Ferreira por un claro 4-1. Foi outro dos partidos preparatorios da liga local.

Proximamente anunciaremos os partidos desta semana xogándose en xoves e venres por xogarse o sábado o 3x3 de Baloncesto.