- Non se poderán cambiar partidos. Os equipos poderán ter na súa lista a 15 xogadores e deses 15, 5 e raro que non se xunten para cada partido. O non presentarse a un partido ou presentarse a un partido con menos de cinco xogadores acarreará unha sanción de 10€.
- Será obligatorio o estar totalmente equipados (entendéndose camiseta e pantalón iguales). O non cumprir esta norma levará consigo unha sanción de 3 € para o equipo que a incumpra.
- Será sancionable a tarxeta amarela con 2€, e a tarxeta vermella (non hai azul) con 8 €. Sancionarase a acumulación de tarxetas.
- Haberá sistema de copa o acabar a primeira volta da liga (inténtase dar maior competitividade as xornadas, ter un aliciente para estar ben clasificado). Clasificaranse os oito primeiros equipos ata ese momento.
- Haberá un playoff polo título o que se clasificarán os oito primeiros equipos clasificados. Non será o gañador da liga regular como o ano pasado o campión senon o gañador do playoff.
- Publicarase neste blog todalas actas de todolos partidos para evitar erros. Pasada a seguinte xornada a publicación darase por correcta a acta publicada (será unha copia pasada a ordenador, non o orixinal). Só no caso de que a copia pasada o ordenador e orixinal non concuerden cambiarase a acta.
- Publicarase neste blog a clasificación e a tabla de goleadores.
As vindeiras modificacións as iremos poñendo no blog para que podades valoralas.
Unha vez acabada a reglamentación colgarémola do blog.