domingo, 25 de noviembre de 2007

CONDICIÓNS PARA CAMBIOS DE PARTIDOS

Aclaramos outra vez como se poden cambiar partidos:
  1. A organización facilitará teléfonos de contacto dos equipos implicados simplemente.
  2. Os partidos cambiaranse para a mesma xornada, cambiando o horario por outro da mesma xornada (non se poden modificar os horarios por temas de arbitraxe).
  3. O equipo implicado ten que ter o consentimento do equipo rival e dos outros dous equipos implicados no cambio (se quere cambiar un partido de sábado a primeira hora polo do sábado a última, ten que poñerse en contacto e estar dacordo co rival, e cós equipos que xogan o partido a última hora neste exemplo).
  4. Deberán ter cuberta a folla de cambio de partidos que se entregou a principio de tempada e que está colgada no blog (calquera equipo pode pedir todalas copias que considere oportuno para cambios de partidos).

Os equipos poden chegar a un máximo de 15 fichas.

Faltar a un partido supón 20 € de sanción e partido perdido por 3-0.

Con catro partidos os que se falte retirarase o equipo da competición e anularanse todos os resultados dese equipo no que vai de liga.

No caso de razóns de forza maior nas que se teña que suspender un partido xuntarémonos os representantes da liga cun representante de CADA EQUIPO para tomar unha decisión que se tomará por maioría. Neste caso, o equipo que solicita o cambio pagará os gastos de arbitraxe.

As decisións tomadas intentan correxir erros do ano pasado e están todas especificadas no regulamento da liga.