lunes, 31 de diciembre de 2007

NOVENA XORNADA DA LIGA LOCAL DE MONDOÑEDO

No seguinte enlace tedes toda a información do sucedido nesta xornada de liga, recordavos que este fin de semana non habra partidos: http://www.scribd.com/doc/952538/CLASIFICACION-DA-NOVENA-XORNADA-DA-LIGA-LOCAL-DE-MONDONEDO

jueves, 27 de diciembre de 2007

martes, 18 de diciembre de 2007

clasificación séptima xornada

No seguinte enlace tdes toda información do que sucedeu na última xornada de liga, e os partidos que se xogaran este fin de semana: http://www.scribd.com/doc/919123/CLASIFICACION-SEPTIMA-XORNADA-DA-LIGA-LOCAL-DE-FUTBOL

lunes, 10 de diciembre de 2007

martes, 4 de diciembre de 2007

horarios da xornada 6: 7 e 8 de decembro

Na reunión que tivemos hoxe, chegouse o acordo de que se xogará a correspondente xornada de liga. Aquí tedes os horarios.

Maccabi de Levantar - Bar Agarimo ( ve 21.30h)
Os do Ataque - At. Maionesa ( ve 22.20h)
A Mariña F.S. - O Padornelo ( ve 23..10h)
Os Remedios - Aticca ( sa 19.00h)
Big Start - Zaira Peluquería ( sa 19.50h)
O Museo das Zocas - Mondoñedo Sport (20.40h)

QUINTA XORNADA DE LIGA

Tedes toda a información da quinta xornada de liga no seguinte enlace: http://docs.google.com/Doc?id=df92sk42_48d5mck5

lunes, 26 de noviembre de 2007

cuarta xornada

Para ver os resultados da cuarta xornada non tedes mais que entrar no seguinte enlace: http://www.scribd.com/doc/522935/CLASIFICACION-CUARTA-XORNADA-DA-LIGA-LOCAL-DE-FUTBOL

domingo, 25 de noviembre de 2007

CONDICIÓNS PARA CAMBIOS DE PARTIDOS

Aclaramos outra vez como se poden cambiar partidos:
  1. A organización facilitará teléfonos de contacto dos equipos implicados simplemente.
  2. Os partidos cambiaranse para a mesma xornada, cambiando o horario por outro da mesma xornada (non se poden modificar os horarios por temas de arbitraxe).
  3. O equipo implicado ten que ter o consentimento do equipo rival e dos outros dous equipos implicados no cambio (se quere cambiar un partido de sábado a primeira hora polo do sábado a última, ten que poñerse en contacto e estar dacordo co rival, e cós equipos que xogan o partido a última hora neste exemplo).
  4. Deberán ter cuberta a folla de cambio de partidos que se entregou a principio de tempada e que está colgada no blog (calquera equipo pode pedir todalas copias que considere oportuno para cambios de partidos).

Os equipos poden chegar a un máximo de 15 fichas.

Faltar a un partido supón 20 € de sanción e partido perdido por 3-0.

Con catro partidos os que se falte retirarase o equipo da competición e anularanse todos os resultados dese equipo no que vai de liga.

No caso de razóns de forza maior nas que se teña que suspender un partido xuntarémonos os representantes da liga cun representante de CADA EQUIPO para tomar unha decisión que se tomará por maioría. Neste caso, o equipo que solicita o cambio pagará os gastos de arbitraxe.

As decisións tomadas intentan correxir erros do ano pasado e están todas especificadas no regulamento da liga.

martes, 20 de noviembre de 2007

miércoles, 14 de noviembre de 2007

martes, 13 de noviembre de 2007

RESULTADOS DA SEGUNDA XORNADA DA LIGA DE FÚTBOL-SALA DE MONDOÑEDO

Estamos ter moitos problemas para colgar de internet os datos da segunda xornada da liga de fútbol-sala. Nun principio colgamos do blog os datos da seguinte forma e intentamos mañá facelo como un archivo pdf. SENTÍMOLO!!!!

SEGUNDA XORNADA DA LIGA LOCAL DE FÚTBOL-SALA MONDOÑEDO


BIG START: 6 puntos
ZAIRA PELUQUERÍA: 6 puntos
MONDOÑEDO SPORT: 6 puntos
ATICCA: 4 puntos
OS REMEDIOS: 3 puntos
AT. MAIONESA: 3 puntos
MACCABI DE LEVANTAR: 3 puntos
O MUSEO DAS ZOCAS: 3 puntos
OS DO ATAQUE: 1 punto
BAR AGARIMO: 0 puntos
O PADORNELO: 0 puntos
A MARIÑA F.S.: 0 puntos


XORNADA 3: 16 e 17 de NOVEMBRO

O Padornelo – Os do Ataque ( Ve 21.30h)
At. Maionesa – Os Remedios ( Ve 22.20h)
Mondoñedo Sport – A Mariña F.S. (Ve 23.10h)
O Museo das Zocas – Big Start ( Sa 19.00h)
Zaira Peluquería – Maccabi de Levantar ( Sa 19.50h)
Aticca – Bar Agarimo ( Sa 20.40h)


A MARIÑA F.S. VS. AT. MAIONESA: 0-6

Goles de: Iván (2), Julio (2), Juan Novo e Antonio Giménez.

OS DO ATAQUE VS. BIG START: 3-5

Goles de: Roberto Díaz (2) e Iván Carracedo polos do Ataque; e Pablo Redondas (2), Ricardo Fernández, Cesar Picoaga e Martín.

OS REMEDIOS VS. O MUSEO DAS ZOCAS: 10-0

Goles de: Carlos Cendán (3), Germán Carreiras (2), “Lalo” Rancaño (2), Hector Loureiro (2) e Elisardo Catro

BAR AGARIMO VS. ZAIRA PELUQUERÍA: 0-2

Goles de: Juan Ourol e Iván Novás

Tarxetas: J. Manuel Basanta dúas amarelas e Eugenio Fernández un amarela polo Bar Agarimo e Daniel Río Trigo un amarela polo Zaira Peluquería.



MACCABI DE LEVANTAR VS. MONDOÑEDO SPORT: 1-2

Goles de: Alberto Lorenzo polo Maccabi e Juan López e Ángel Fernández polo Mondoñedo.

Tarxetas: Alberto Lorenzo dúas amarelas, Pablo Rodríguez, Adrián González e Jacobo Carreiras todos eles unha amarela por parte do Maccabi; e Juán López e Lucas Goméz unha amarela polo Mondoñedo.

O PADORNELO VS. ATICCA: 3-7

Goles de: Carlos (2) e Bouso do Padornelo; e Óscar Fraga (2), Rubén Legaspi (2), Miguel (2) e Luis Miguel do Aticca.

Tarxetas: amarela a Miguel polo Aticca.


SANCIÓNS

ABADÍN
Roberto Díaz: 1 tarxeta amarela: 2 €

BAR AGARIMO
Eugenio Fernández: 1 tarxeta amarela: 2 €
J. Manuel Basanta: 2 amarelas: 1 partido de sanción e sanción económica de 8 €

ZAIRA PELUQUERÍA
Daniel Río Trigo: 1 tarxeta amarela: 2 €

MACCABI DE LEVANTAR
Adrián González: 1 tarxeta amarela: 2 €
Pablo Rodríguez: 1 tarxeta amarela: 2 €
Jacobo Carreiras: 1 tarxeta amarela: 2 €
Alberto Lorenzo: 2 amarelas: 1partido de sanción e sanción económica de 8 €

MONDOÑEDO SPORT
Juan López: 1 tarxeta amarela: 2 €
Lucas Gómez: 1 tarxeta amarela: 2 €

ATICCA
Miguel: 1 tarxeta amarela: 2 €

Elaborou esta información Yudani.

martes, 6 de noviembre de 2007

SEGUNDA JORNADA DA LIGA DE FÚTBOL-SALA

XORNADA 2: 9 e 10 de Novembro

A Mariña F.S. - At. Maionesa. ( ve 21.30h)
Abadín - Big Start. ( ve 22.20h)
Os Remedios - O Museo das Zocas. ( ve 23.10h)
Bar Agarimo - Zaira Peluquería. ( sa 19.00h)
Maccabi de Levantar - Mondoñedo Sport. ( sa 19.50h)
O Padornelo - Attica. ( sa 20.40h)

INSCRIPCIÓN

Recordar a todos os equipos que entregen canto antes os cartos da inscripción.

sábado, 3 de noviembre de 2007

RESULTADOS DO DÍA 2 DE NOVEMBRO DA LIGA DE FÚTBOL-SALA



AT. MAIONESA VS. MACCABI DE LEVANTAR: 2-3.


Goles de: Juan Novo e Iván polo "maionesa", e de Txomin por dúas veces e Alberto por parte do "Maccabi".

Tarxetas: amarela a Jacobo Carreiras e vermella o delegado do Maccabi Andrés Rodríguez García.


BIG START VS. OS REMEDIOS: 3-0.


Goles de: Borja González-Redondo por dúas veces e de Martín.

Tarxetas: dúas amarelas a David Pernas dos Big Start.


O MUSEO DAS ZOCAS VS. A MARIÑA F.S.: 4-2.


Goles de: Javier Lorigados, Fabián Rodríguez, Martín Cotoya e Miguel Lorigados Rico para o equipo de "O Museo das Zocas"; goles de Fernando Ferreiro e Sergio Oliveira para "A Mariña F.S."


Tarxetas: amarelas para Javier Lorigados e Rubén Fernández do equipo "O Museo das Zocas" e a Juan Arias do equipo "A Mariña F.S."

RESULTADOS DA XORNADA 1, PARTIDOS DO SÁBADO.





ABADÍN VS. ATTICA: 4-4.

Goles de: Suso Goás (2), Iván e Roberto Díaz polo Abadín; Javier García (2), Oscar Fraga (2) polo equipo de Attica.

Tarxetas: amarela a Roberto Díaz polo Abadín, e vermella a Marcos Pardeiro tamén polo Abadín.

ZAIRA PELUQUERÍA VS. O PADORNELO: 5-2.

Goles de: Raúl Seijo, Juan Oural (2), Jesús Carlos e Diego Hermida polo equipo "Zaira Peluquería"; Carlos e Bouso polo "Padornelo"

BAR AGARIMO VS. MONDOÑEDO SPORT: 0-3.

Non se presentou o Bar Agarimo.

DOUS DOS GOLES DE ABADÍN CONTRA ATTICA

PAGO DA CUOTA

Recordamos a obriga dos equipos de pagar a cuota antes da cuarta xornada. Grazas.

DÚBIDAS

A idade mínima permitida para xogar e 16 anos.

As normas non especifican se poden ou non xogar rapazas. A organización especifíca que SI ante a pregunta do Mondoñedo Sport, ata que se faiga unha ronda de chamadas os representantes de cada equipo para preguntarlles si están dacordo. O que decida a maioría dos equipos será o que se faiga como norma para a liga.

Dúas amarelas contan como vermella de cara a sanción económica.

lunes, 29 de octubre de 2007

ERRO NO CALENDARIO. AS XORNADAS IMPLICADAS QUEDAN DA SEGUINTE FORMA.

Xornada 7. -14, 15 de decembro

Xornada 8. – 21, 22 de decembro

Xornada 9. – 28, 29 de decembro

Grazas a Ely que se deu conta do erro cometido no calendario. Se vedes algún erro máis chamade ou mandade un correo a raulbgra@gmail.com

MODIFICACIÓN A PETICIÓN DUN DOS EQUIPOS E BAIXO A REVISIÓN DA DELEGACIÓN DE LUGO DE ÁRBITROS (NORMATIVA, SANCIÓNS).

VERMELLA DIRECTA POR AGRESIÓN A UN CONTRARIO, OU O ÁRBITRO: entre 4 e 6 PARTIDOS dependendo da seriedade da acción e a consideración do que poña o árbitro na acta do partido.

VERMELLA DIRECTA POR FALTA GRAVE: 3 PARTIDOS (a consideración do árbitro según o que poña na acta do partido).

VERMELLA POR DUAS AMARELAS: 1 PARTIDO.

ACUMULACIÓN DE CATRO AMARELAS: 1 PARTIDO.

ERRO NO CALENDARIO. AS DATAS DESTAS XORNADAS QUEDAN DA SEGUINTE FORMA.

Xornada 7. -14, 15 de decembro
Xornada 8. – 21, 22 de decembro
Xornada 9. – 28, 29 de decembro

PRIMEIRA XORNADA DA LIGA LOCAL DE FÚTBOL-SALA DE MONDOÑEDO

Xornada 1. - 2, 3 de novembro.

Big Start - os Remedios. - viernes de 22:20 a 23:10.
Mondoñedo F.C. - A Mariña F.S. . - viernes de 23:10 a 24:00
At. Maionesa - Maccabi de Leva. - viernes de 21:30 a 22:20.
Mondoñedo Sport - Bar Agarimo.- sábado de 20:40 a 21:30.
Foz - O Padornelo.- Sábado de 19:50 a 20:40.
Attica - Abadín.- Sábado de 19:00 a 19:50.

domingo, 28 de octubre de 2007

DOCUMENTO PARA O CAMBIO DE PARTIDO NUNHA MESMA XORNADA

Poderanse cambiar partidos nunha mesma xornada (a orde dos partidos). Para iso, é o equipo interesado o que ten que tramitar o cambio e presentar na mesa o documento que podes encontrar no seguinte enlace: http://www.scribd.com/doc/432318/CAMBIO-DE-PARTIDO-NUNHA-MESMA-XORNADA .

Deberá ser entregado a anterior xornada non sendo válido o mesmo na semana na que se solicita o cambio.

A organización non se encarga de tramitar o cambio, simplemente entregará o documento en cuestión o equipo interesado en facer un cambio.

RECORDAR: A falta a un partido ten unha sanción económica de 20 €, e unha sanción deportiva de derrota por 3-0.

miércoles, 24 de octubre de 2007

PATROCINADORES DA LIGA

Abriremos un novo apartado adicado os patrocinadores da liga.

Adiantamos os tres primeiros: Mondoñedo Sport, O Rincón de Mondoñedo, Ximnasio NeKa.

O largo do que queda de semana iremos poñendo o resto de patrocinadores o mesmo tempo que empezaremos a realizar o novo espacio adicado a eles.

CALENDARIO DA LIGA LOCAL DE MONDOÑEDO

Calendario da liga local de Mondoñedo: http://www.scribd.com/doc/442709/2-Liga-local-de-Mondonedo-GL

O borrarse algún equipo significará o non realizala liga. Todos estes equipos deron a palabra de participar.

Borrouse un equipo do cal non tíñamos novas por eso tivemos que modificar o calendario.Antes do venres teredes a normativa a cal cumplirase sen ningún tipo de negociación.

jueves, 13 de septiembre de 2007

INICIO DA COMPETICIÓN

Cá intención de non facer ningún parón na liga iniciamos a competición xusto o fin de semana despois das festas das San Lucas.

miércoles, 12 de septiembre de 2007

PETICIÓN DE INFORMACIÓN

A organización da liga solicita ós equipos que marquen os seus horarios de preferencia para xogar. A organización intentará facilitar os mesmos na medida das súas posibilidades.

Recordamos que cada equipo ten a posibilidade de facer 15 fichas polo que non se permite os cambios de partidos.

lunes, 10 de septiembre de 2007

EQUIPOS INTERESADOS EN PARTICIAR.

Los equipos interesados en participar en la liga son los siguientes:

  1. Mondoñedo Sport.
  2. Big Start.
  3. Os Remedios.
  4. Mintra.
  5. At. Mayonesa.
  6. Maccabi de Levantar.
  7. Foz.
  8. Abadín.
  9. Gimnasio Neka.
  10. Ferreira.
  11. O Padornelo.
  12. Óptica Otero.
  13. A Mariña F.S.

Pedimos que os responsables dos equipos manden a información completa para asegurar a participación dos equipos na liga. Temos aínda varios equipos esperando participar que non teñen praza.

miércoles, 5 de septiembre de 2007

CUBERTO XA O NÚMERO DE EQUIPOS INTERESADOS EN PARTICIPAR NA LIGA

Cuberto xa o número de equipos interesados en participar na liga si que temos que comentarlle o resto de equipos interesados que poden entrar na lista de espera por si algún dos equipos que temos se da de baixa como pasou o ano pasado. Así que esperamos que vos comuniquedes con nos e mostredes o voso interese para participar polo motivo que demos antes.

De igual forma informamos que mandaremos correos a cada un dos equipos para que nos manden os datos do mesmo cá intención de telos con antelación e asegurarnos o seu interese por participar na liga.

Para calquera cousa que queirades suxerir, ou que vexades mal feita ou que olvidemos non dubidedes en comentala mandando un correo a seguinte dirección: raulbgra@gmail.com

domingo, 2 de septiembre de 2007

CARTEL DA LIGA LOCAL

Se podedes mandade a todos os vosos contactos o cartel para darlle publicidade a liga. O enlace para velo é o seguinte: http://www.scribd.com/doc/268487/CARTEL-200708-GL

sábado, 1 de septiembre de 2007

NOVOS HORARIOS

Xa indicamos os novos horarios. Unha das cousas a favor que teñen estes novos horarios e que permiten a xente do fútbol o poder xogar na liga xa que este ano tíñamos un problema grande xa que a federación de fútbol marcou, por exemplo, para o Mondoñedo 14 partidos en sábado.

Espero que vos animedes, e confirmade rápido a vosa asistencia a liga.

jueves, 30 de agosto de 2007

CONFIRMACIÓN DE EQUIPOS

Xa son 8 os equipos que confirmaron a súa participación na liga. Falade este fin de semana para confirmar se participades ou non.

Recordade que o meu e-mail é: raulbgra@gmail.com e o meu teléfono: 635110122.

martes, 28 de agosto de 2007

OUTRAS MODIFICACIÓNS

Olvidouseme no anterior apartado:
  1. Os partidos serán a tempo corrido menos os tempos mortos e cando así o estime oportuno o árbitro por lesión ou pérdida de tempo (dous tempos de 20 minutos).
  2. Poderase pedir un tempo morto que tamén será a tempo parado. Será un tempo morto por periodo e en calquer momento do partido.
  3. Haberá novos horarios cá intención de axustarse tamén as necesidades dos de baloncesto (equipo federado) e a asegurar os árbitros para as dúas xornadas (venres e sábado). Os horarios serán os venres de 21:30 a 00:00 h., e os sábados de 19:30 a 22:00.

Sigo pedindo que me confirmedes a vosa asistencia a liga con estas condicións o máis rápido posible para pechar xa calendarios.

NOVA REGLAMENTACIÓN

Estase a preparar unha nova reglamentación non negociable na que varios dos seus puntos serán:

  1. Non se poderán cambiar partidos. Os equipos poderán ter na súa lista a 15 xogadores e deses 15, 5 e raro que non se xunten para cada partido. O non presentarse a un partido ou presentarse a un partido con menos de cinco xogadores acarreará unha sanción de 10€.
  2. Será obligatorio o estar totalmente equipados (entendéndose camiseta e pantalón iguales). O non cumprir esta norma levará consigo unha sanción de 3 € para o equipo que a incumpra.
  3. Será sancionable a tarxeta amarela con 2€, e a tarxeta vermella (non hai azul) con 8 €. Sancionarase a acumulación de tarxetas.
  4. Haberá sistema de copa o acabar a primeira volta da liga (inténtase dar maior competitividade as xornadas, ter un aliciente para estar ben clasificado). Clasificaranse os oito primeiros equipos ata ese momento.
  5. Haberá un playoff polo título o que se clasificarán os oito primeiros equipos clasificados. Non será o gañador da liga regular como o ano pasado o campión senon o gañador do playoff.
  6. Publicarase neste blog todalas actas de todolos partidos para evitar erros. Pasada a seguinte xornada a publicación darase por correcta a acta publicada (será unha copia pasada a ordenador, non o orixinal). Só no caso de que a copia pasada o ordenador e orixinal non concuerden cambiarase a acta.
  7. Publicarase neste blog a clasificación e a tabla de goleadores.

As vindeiras modificacións as iremos poñendo no blog para que podades valoralas.

Unha vez acabada a reglamentación colgarémola do blog.

XA PODEDES CONFIRMAR A VOSA ASISTENCIA A NOVA EDICCIÓN DA LIGA LOCAL DE FÚTBOL-SALA

Dende hoxe poñémonos a traballar na segunda edición da liga local de fútbol-sala de Mondoñedo.

Despois de todo un verán no que xogamos partidos amigables para non perder a forma no deporte do fútbol-sala, dende hoxe poñémonos mans á obra para poder organizar unha segunda edición da liga, corrixindo todos os fallos.

Esperamos ir informando de todas as novidades como novos equipos (Foz, Barreiros, Mondoñedo, Abadín, Ferreira), novidades na regulamentación, no modo de competición, ...

A miña dirección é: raulbgra@gmail.com

O meu teléfono é: 635110122.

Mandarme un correo confirmando a vosa participación.

sábado, 28 de julio de 2007

NOVO EQUIPO PARA A LIGA LOCAL DE FÚTBOL-SALA

Inicia os seus entrenamentos outro equipo para a liga local de fútbol-sala. Sin nome definido os seus patrocinadores serán Maderas Masma e Aluminios Lindín.
Esperamos que pronto se enfrenten a algún dos equipos que xa están xogando amigables preparatorios desta segunda edicción.

lunes, 16 de julio de 2007

PARTIDO AMIGABLE ENTRE OS REMEDIOS E ABADÍN



Esta semana a Delegación Deportes organizaron outro partido amigable entre Abadín e Os Remedios, sendo estes partidos preparatorios da próxima edición da Liga Local de Fútbol-sala de Mondoñedo.

O partido disputouse ás 20:45 no Polideportivo Municipal de Mondoñedo.

Foi un partido moi disputado no que o resultado final foi de 5 a 4 a favor de Os Remedios.

Proximamente poremos os partidos desta semana.

miércoles, 11 de julio de 2007

NOVO PARTIDO AMISTOSO PARA ESTE FIN DE SEMANA

Xogarán o Abadín e Os Remedios este venres ás 20:45 no Polideportivo Muncipal de Mondoñedo. Estos partidos son preparatorios da segunda edicción da liga local de fútbol-sala da nosa localidade e entran dentro da filosofía de organizar máis actividades a aqueles equipos que participen na nosa liga ou que estén interesados en participar.

lunes, 9 de julio de 2007

RESULTADOS DOS PARTIDOS AMIGABLES DA SEMANA PASADA

Clara vitoria do equipo do Padornelo sobre o equipo de Panadaría Bouso (10-4) no segundo partido preparatorio para a liga de fútbol-sala que está a organizar a Delegación de Deportes.

O Padornelo dominou no marcador e en xogo notándose claramente unha melloría no xogo estando en pista Bouso e Carlos. Cabe tamén destacar o traballo feito por Adrián Alfonso na portería.


Por outro lado o equipo de Foz venceu o equipo de Ferreira por un claro 4-1. Foi outro dos partidos preparatorios da liga local.

Proximamente anunciaremos os partidos desta semana xogándose en xoves e venres por xogarse o sábado o 3x3 de Baloncesto.

miércoles, 27 de junio de 2007

ACORDO ENTRE A ORGANIZACIÓN DA LIGA E O BURELA F.S.

O día 2 intentarase chegar a un acordo para poder cerrar actividades paralelas a liga de fútbol-sala para facer máis atractiva a mesma. Informaremos das mesmas ese mesmo día.

DOS NOVOS EQUIPOS INTERESADOS EN PARTICIPAR NA LIGA LOCAL DE MONDOÑEDO

Dous novos equipos (de Ferreira e de Foz) interesados en participar na liga local de Mondoñedo enfréntanse o próximo día 7 ás 20:15 da tarde no Polideportivo Municipal de Mondoñedo.
Buscaremos disputar outro partido amigable o próximo día 6 entre o Padornelo e outro equipo do ano pasado confirmando dito partido antes do fin de semana.

Calquera equipo interesado en participar na liga local de fútbol-sala ten que poñerse en contacto con nos no e-mail: raulbgra@gmail.com

lunes, 18 de junio de 2007

PARTIDO AMISTOSO ENTRE ABADÍN E A MARIÑA FS






Xogouse este fin de semana o partido amigable entre o Abadín e A Mariña F.S. O resultado foi de 4-1 a favor dos de Abadín nun partido que dominaron desde o inicio.


Abadín comprométese a apuntarse a liga do próximo ano en Mondoñedo.

lunes, 11 de junio de 2007

ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A PONTENOVA E A ORGANIZACIÓN DA LIGA

Acordo verbal entre o equipo do SUPERTI da Pontenova e a organización da liga para a realización dun partido amigable entre unha selección da liga e dito equipo.

Esta actividade completa as actividades paralelas que se organizan tendo como eixo central a liga local de Mondoñedo.

miércoles, 6 de junio de 2007

BUSCASE ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A ORGANIZACIÓN DA LIGA E O BURELA F.S.

Coa intención de realizar actividades paralelas a liga estase a buscar a firma dun acordo entre a organización da liga local de fútbol-sala e o Burela F.S.

Dito acordo permitirá o xogar algún partido amigable entre o Burela e unha selección da liga local de Mondoñedo o largo do campeonato.

PARTIDO AMISTOSO

Coa intención de ir dando a coñecer ás instalacións os novos equipos interesados en participar na segunda edicción da liga local de fútbol-sala organízase o primeiro partido amigable de fútbol-sala deste verán.

O partido será o día 16 ás 20 h. Xogará Abadín contra A Mariña F.S. no Polideportivo Municipal.

martes, 5 de junio de 2007

EMPEZAMOS A TRABALLAR NA SEGUNDA EDICCIÓN DA LIGA LOCAL DE FÚTBOL-SALA

Empezamos a traballar xa na segunda edicción da liga local de fútbol-sala de Mondoñedo. Día a día iremos actualizando todalas novas que teñamos documentando todo aquelo que demos a coñecer para que todos teñades de primeira mao noticias de como van as cousas.

Traballamos dende xa nunha liga reforzada, MELLOR ORGANIZADA.

Para calquer suxerencia podedes mandar un correo a seguinte dirección: raulbgra@gmail.com