jueves, 30 de agosto de 2007

CONFIRMACIÓN DE EQUIPOS

Xa son 8 os equipos que confirmaron a súa participación na liga. Falade este fin de semana para confirmar se participades ou non.

Recordade que o meu e-mail é: raulbgra@gmail.com e o meu teléfono: 635110122.

martes, 28 de agosto de 2007

OUTRAS MODIFICACIÓNS

Olvidouseme no anterior apartado:
  1. Os partidos serán a tempo corrido menos os tempos mortos e cando así o estime oportuno o árbitro por lesión ou pérdida de tempo (dous tempos de 20 minutos).
  2. Poderase pedir un tempo morto que tamén será a tempo parado. Será un tempo morto por periodo e en calquer momento do partido.
  3. Haberá novos horarios cá intención de axustarse tamén as necesidades dos de baloncesto (equipo federado) e a asegurar os árbitros para as dúas xornadas (venres e sábado). Os horarios serán os venres de 21:30 a 00:00 h., e os sábados de 19:30 a 22:00.

Sigo pedindo que me confirmedes a vosa asistencia a liga con estas condicións o máis rápido posible para pechar xa calendarios.

NOVA REGLAMENTACIÓN

Estase a preparar unha nova reglamentación non negociable na que varios dos seus puntos serán:

  1. Non se poderán cambiar partidos. Os equipos poderán ter na súa lista a 15 xogadores e deses 15, 5 e raro que non se xunten para cada partido. O non presentarse a un partido ou presentarse a un partido con menos de cinco xogadores acarreará unha sanción de 10€.
  2. Será obligatorio o estar totalmente equipados (entendéndose camiseta e pantalón iguales). O non cumprir esta norma levará consigo unha sanción de 3 € para o equipo que a incumpra.
  3. Será sancionable a tarxeta amarela con 2€, e a tarxeta vermella (non hai azul) con 8 €. Sancionarase a acumulación de tarxetas.
  4. Haberá sistema de copa o acabar a primeira volta da liga (inténtase dar maior competitividade as xornadas, ter un aliciente para estar ben clasificado). Clasificaranse os oito primeiros equipos ata ese momento.
  5. Haberá un playoff polo título o que se clasificarán os oito primeiros equipos clasificados. Non será o gañador da liga regular como o ano pasado o campión senon o gañador do playoff.
  6. Publicarase neste blog todalas actas de todolos partidos para evitar erros. Pasada a seguinte xornada a publicación darase por correcta a acta publicada (será unha copia pasada a ordenador, non o orixinal). Só no caso de que a copia pasada o ordenador e orixinal non concuerden cambiarase a acta.
  7. Publicarase neste blog a clasificación e a tabla de goleadores.

As vindeiras modificacións as iremos poñendo no blog para que podades valoralas.

Unha vez acabada a reglamentación colgarémola do blog.

XA PODEDES CONFIRMAR A VOSA ASISTENCIA A NOVA EDICCIÓN DA LIGA LOCAL DE FÚTBOL-SALA

Dende hoxe poñémonos a traballar na segunda edición da liga local de fútbol-sala de Mondoñedo.

Despois de todo un verán no que xogamos partidos amigables para non perder a forma no deporte do fútbol-sala, dende hoxe poñémonos mans á obra para poder organizar unha segunda edición da liga, corrixindo todos os fallos.

Esperamos ir informando de todas as novidades como novos equipos (Foz, Barreiros, Mondoñedo, Abadín, Ferreira), novidades na regulamentación, no modo de competición, ...

A miña dirección é: raulbgra@gmail.com

O meu teléfono é: 635110122.

Mandarme un correo confirmando a vosa participación.