jueves, 13 de septiembre de 2007

INICIO DA COMPETICIÓN

Cá intención de non facer ningún parón na liga iniciamos a competición xusto o fin de semana despois das festas das San Lucas.

miércoles, 12 de septiembre de 2007

PETICIÓN DE INFORMACIÓN

A organización da liga solicita ós equipos que marquen os seus horarios de preferencia para xogar. A organización intentará facilitar os mesmos na medida das súas posibilidades.

Recordamos que cada equipo ten a posibilidade de facer 15 fichas polo que non se permite os cambios de partidos.

lunes, 10 de septiembre de 2007

EQUIPOS INTERESADOS EN PARTICIAR.

Los equipos interesados en participar en la liga son los siguientes:

  1. Mondoñedo Sport.
  2. Big Start.
  3. Os Remedios.
  4. Mintra.
  5. At. Mayonesa.
  6. Maccabi de Levantar.
  7. Foz.
  8. Abadín.
  9. Gimnasio Neka.
  10. Ferreira.
  11. O Padornelo.
  12. Óptica Otero.
  13. A Mariña F.S.

Pedimos que os responsables dos equipos manden a información completa para asegurar a participación dos equipos na liga. Temos aínda varios equipos esperando participar que non teñen praza.

miércoles, 5 de septiembre de 2007

CUBERTO XA O NÚMERO DE EQUIPOS INTERESADOS EN PARTICIPAR NA LIGA

Cuberto xa o número de equipos interesados en participar na liga si que temos que comentarlle o resto de equipos interesados que poden entrar na lista de espera por si algún dos equipos que temos se da de baixa como pasou o ano pasado. Así que esperamos que vos comuniquedes con nos e mostredes o voso interese para participar polo motivo que demos antes.

De igual forma informamos que mandaremos correos a cada un dos equipos para que nos manden os datos do mesmo cá intención de telos con antelación e asegurarnos o seu interese por participar na liga.

Para calquera cousa que queirades suxerir, ou que vexades mal feita ou que olvidemos non dubidedes en comentala mandando un correo a seguinte dirección: raulbgra@gmail.com

domingo, 2 de septiembre de 2007

CARTEL DA LIGA LOCAL

Se podedes mandade a todos os vosos contactos o cartel para darlle publicidade a liga. O enlace para velo é o seguinte: http://www.scribd.com/doc/268487/CARTEL-200708-GL

sábado, 1 de septiembre de 2007

NOVOS HORARIOS

Xa indicamos os novos horarios. Unha das cousas a favor que teñen estes novos horarios e que permiten a xente do fútbol o poder xogar na liga xa que este ano tíñamos un problema grande xa que a federación de fútbol marcou, por exemplo, para o Mondoñedo 14 partidos en sábado.

Espero que vos animedes, e confirmade rápido a vosa asistencia a liga.